Casa Teodora abre as súas portas cunha imaxe renovada

A nosa privilexiada localización no Camiño de Santiago, e en pleno centro da vila, permítenos ofrecerlles aos hóspedes os principais servizos e atractivos de Arzúa.

Despois dun proceso de remodelación da nosa pensión, cunha coidada decoración, seguimos apostando por manter un ambiente cálido, acolledor e familiar, para que os nosos clientes gocen da súa estancia. Ademais, no noso restaurante poderán degustar tanto a gastronomía tradicional galega coma as innovacións ao estilo actual, cunha ampla carta de viños da terra e de varias denominacións de orixe nacionais.