Benvidos

Benvenidos a Pensión Restaurante Casa Teodora

Estamos moi agradecidos de que durante tantos anos nos consideren como un dos maiores expoñentes da hostalería arzuá, na que se combinan perfectamente servizos de aloxamento e restauración tradicional coas innovacións actuais.

Fundado hai máis dun século, este establecemento, situado no centro de Arzúa e en pleno corazón do Camiño de Santiago, mantense ao día como un negocio familiar e cun trato personalizado cara aos seus clientes.

Os bisnetos de Teodora (fundadora), os irmáns Jesús e Gabriel, xunto con todo o equipo de colaboradores, todos os días nos esforzamos para continuar co camiño iniciado hai tanto tempo, poñendo todo o noso empeño, ano tras ano, en renovar e adecuarnos aos tempos que corren, mediante ampliacións e modificacións, pensando na comodidade e pracer dos clientes de Casa Teodora.

O noso establecemento conta cunha parte dedicada a Pensión e dispón de 29 habitacións, con amplos dormitorios e sen descoidar ningún detalle: televisión, calefacción, baño individual… Tamén dispoñemos dun salón social e dunha pequena cafetería para uso exclusivo dos clientes. No primeiro andar, atópase o Restaurante, no que poderá degustar a nosa tradicional gastronomía galega e as innovacións ao gusto de hoxe.

Pensión **

Restaurante (2 garfos)

Cafetería exclusiva para clientes

Contacto e Reservas

Tel. 981 500 083

Fax. 981 500 880

reservas@casateodora.com

Información