Onde estamos

Arzúa

Pequena poboación que desde tempos inmemoriais, é a antesala para os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela.

Arzúa está situada no centro sur da provincia da Coruña, sendo a mellor alternativa para facer unha escapada por estar próxima e equidistante ás grandes cidades galegas como Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra. Ademais, ofrece aos seus veciños e visitantes todas as ofertas e servizos que se poden atopar en calquera cidade.

 

O clima é atlántico, húmido e tépedo, con frecuentes choivas durante os meses de inverno, condicións ideais para que a terra sexa moi fértil, con excelentes producións agrícolas e gandeiras, que constitúen a principal fonte de riqueza do concello, cuxo produto estrela é o “Queixo de Arzúa”.

 

No municipio pódense practicar gran cantidade de deportes e actividades ao aire libre grazas aos seus carreiros, áreas recreativas e espazos naturais de gran beleza; así como actividades de caza en varios dos montes e de pesca no Ulla, no Iso e en regatos como o Brandeso e o Rendal.

 

En canto á súa arquitectura, podemos destacar a relixiosa, con templos de grande interese arquitectónico e artístico, de estilo románico, dos séculos XII e XIII. Tamén atoparán interesantes obras de carácter civil, vinculadas ao Camiño de Santiago, como é o caso do antigo hospital de peregrinos de Ribadiso, rehabilitado como albergue de peregrinos, e a ponte romana do século XII.

 

A súa industria céntrase en factorías madeireiras, empresas de materiais de construción, tapicerías e elaboración dos produtos do campo.

 

Arzúa comeza a ser claramente mencionada e a gozar de importancia histórica a partir do comezo das peregrinacións a Santiago, porque é a décimo terceira e última etapa do Camiño Francés, segundo o Códice Calixtino.

Contacto e Reservas

Tel. 981 500 083

Fax. 981 500 880

reservas@casateodora.com

Información