Restaurante

Restaurante 2 garfos

O Restaurante Casa Teodora forma parte dos servizos que esta casa lles brinda aos seus veciños, visitantes da vila, hóspedes e peregrinos do Camiño de Santiago. Incluíndo tamén, reunións de negocios, comuñóns, bautizos, celebracións, excursións, etc.

Está integrado por un equipo de xente nova dirixido polos irmáns Jesús e Gabriel, que souberon adecuarse e renovarse aos tempos que corren, realizando as ampliacións e modificacións necesarias, sempre pensando nos clientes e en brindarlles aos comensais un ambiente cordial, ameno e familiar.

En casa Teodora poderá degustar unha gastronomía tradicional galega e as innovacións ao gusto de hoxe, cunha ampla carta de viños da terra e de varias denominacións de orixe nacionais.

Reservas

Para reservar a súa mesa, abonda con cubrir o formulario de contacto con asunto «Reserva» para realizar una reserva.

Se o desexa, tamén o pode facer por teléfono no +34 981 500 083 ou por email en reservas@casateodora.com

IMPORTANTE: Todas as reservas están suxeitas a confirmación telefónica ou vía email.

Consulta o noso menú

Contacto e Reservas

Tel. 981 500 083

Fax. 981 500 880

reservas@casateodora.com

Información